A Xunta destaca as oportunidades da IA para o sector da construción

venres, 28 de marzo do 2025 Redacción

Covadonga Toca interveu hoxe na Xornada de intelixencia artificial para a construción, organizada polo clúster do sector en Galicia que, segundo dixo, é unha industria que representa o 5,7 % do PIB autonómico, confórmana case 12.730 empresas e dá emprego a máis de 133.000 persoas traballadoras.
Segundo indicou, desde este mesmo luns e ata o vindeiro 14 de abril, estará aberta no portal de transparencia unha consulta pública aos interesados en participar na redacción do anteproxecto deste plan, para o cal a colaboración do Clúster da Construción, dixo, vai ser clave á hora de dar resposta a retos como a industrialización do sector e o uso de ferramentas dixitais.
Covadonga Toca lembrou que o emprego da intelixencia artificial por parte dos sectores produtivos é imparabable. E, neste contexto, remarcou que este ano, por primeira vez, a Xunta, a través do Igape, convocou en xaneiro un paquete de apoios por importe de 10,3 millóns de euros para fomentar o uso desta tecnoloxía nas empresas, con subvencións que oscilan entre o millón de euros e os 60.000 euros.