A Xunta destinará 1,3 millóns de euros á presenza en liña do Sergas
martes, 11 de novembro do 2025
A Xunta autoriza un investimento de 1,3 millóns de euros para garantir o funcionamento das plataformas tecnolóxicas e a xestión de contidos dos portais web, intranets, redes sociais e aplicacións do Servizo Galego de Saúde.
Entre os portais que xestiona o departamento sanitario galego atópanse a propia web do Sergas, o Observatorio de Saúde Pública ou Xenoma Galicia. Tamén se inclúen as canles complementarias empregadas pola cidadanÃa, os usuarios e os profesionais do sistema público de saúde.
O Consello da Xunta aprobou hoxe a contratación destes servizos, que inclúen a xestión de proxecto, soporte técnico, consultorÃa de comunicación e mantemento de contidos. O contrato ten un prazo inicial de doce meses, prorrogable ata catro anos máis, o que elevarÃa o investimento total ata os 4,6 millóns. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do programa Feder Galicia 2021-2027.
Os portais da ConsellerÃa de Sanidade rexistraron máis de 16 millóns de visitas o último ano, e os orientados a profesionais superaron os 13 millóns. En conxunto, reúnen máis de 300.000 páxinas e 85.000 documentos, ademais de 500 espazos de colaboración interna que acumulan máis de dous millóns de accesos.
Dada a súa relevancia, o Sergas manterá un servizo de soporte continuo, as 24 horas os sete dÃas da semana, para garantir a actualización permanente dos contidos e o lanzamento de novos portais, espazos colaborativos e redes sociais.
A ConsellerÃa lembra que a presenza na Internet é hoxe un elemento esencial de comunicación, tanto cara á cidadanÃa, profesionais e provedores como dentro da propia organización. AsÃ, as aplicacións e servizos dixitais deberán contar con polÃticas de uso e seguridade adaptadas a cada tipo de usuario, sendo accesibles desde o exterior no caso dos cidadáns e desde o interior cando se trate de ferramentas de uso interno.
