A Xunta destinará 2,7 millóns de euros a pequenas empresas de nova creación e os proxectos nados nas universidades

xoves, 11 de xaneiro do 2018 Redacción

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, avanzou hoxe a convocatoria dun paquete de axudas, dotadas con 14 millóns de euros, para incentivar a contratación de 1.300 desempregados en 220 concellos rurais e en 700 PEME e empresas de base tecnolóxica. Sobre a última das liñas de axuda, cun orzamento de máis de 2,7 millóns, o titular da Xunta explicou que destinarase a fomentar e consolidar o emprego nas pequenas empresas de nova creación e en iniciativas de carácter tecnolóxico, é dicir, en proxectos innovadores xurdidos na Universidade.
En relación ás pequenas empresas de nova creación, estableceranse axudas para xerar emprego estable, formar os xerentes ou financiar gastos de constitución da empresa, arrendamento do local, maquinaria ou equipamentos informáticos, entre outros.

PUBLICIDADE