A Xunta directiva de Ineo repite mandato tras ser reelixida

xoves, 21 de outubro do 2010 Raquel Noya

A asociación galega de empresas TIC, Ineo, unha das máis importantes e representativas da nosa Comunidade, que se encarga de velar polos intereses das empresas tecnolóxicas do país, vén de celebrar esta mesma tarde en Santiago de Compostela a súa asemblea xeral, na que, entre outras cousas, se decidía a composición da nova xunta directiva, que volve a repetir mandato tras ser escollida de novo.
Na súa reunión, a asemblea leuvou o traballo realizado ao longo do último ano por parte das persoas integrantes, baixo o mando de Jorge Cebreiros, quen mostrou unhas contas que gozan de “moi boa saúde”.

PUBLICIDADE