A Xunta estrea un espazo web sobre a eclipse do 12 de agosto
martes, 28 de abril do 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na comisión interdepartamental encargada da preparación e coordinación das actuacións vinculadas á observación da eclipse do 12 de agosto de 2026. Na reunión abordouse a posta en marcha por parte da Xunta dunha páxina web especÃfica dedicada ao fenómeno, que ofrecerá información de servizo orientada a garantir unha observación segura e sen incidencias.
A semana actual presenta condicións similares ás previstas para o dÃa da eclipse, xa que o sol se sitúa á mesma altura sobre o horizonte. Esta coincidencia permite realizar probas técnicas de observación e medición de sombras, validar puntos de observación en condicións reais de iluminación, organizar simulacros de control de capacidade e accesos e testar protocolos de seguridade.
A nova páxina web nace coa finalidade de funcionar como punto único de referencia desde o que a Xunta difundirá información sobre a eclipse, asà como as decisións adoptadas pola comisión de coordinación integrada polos distintos departamentos autonómicos. Tamén incorporará as comunicacións que poidan trasladarse desde o Goberno de España a través da Delegación do Goberno.
O novo espazo virtual, integrado na páxina web corporativa da Xunta de Galicia, inclúe un mapa interactivo que permite consultar datos especÃficos para cada concello, como o carácter total ou parcial do fenómeno segundo o lugar de observación, as horas de inicio e finalización ou a predición meteorolóxica baseada na información de MeteoGalicia.
A plataforma ofrece tamén recomendacións prácticas para a observación, incluÃndo medidas de protección ocular e especificacións sobre as lentes homologadas, que só deben empregarse se están en bo estado. Engádense orientacións en ámbitos como saúde, seguridade, mobilidade ou protección ambiental, especialmente no caso de observar a eclipse en espazos naturais protexidos.
O contido da páxina web actualizarase progresivamente a medida que se achegue a data do evento. Entre os materiais xa dispoñibles figura o documento do programa educativo Galicia explora o ceo. Camiño da eclipse de 2026, deseñado para reforzar o papel da escola como espazo de alfabetización cientÃfica, acceso ao coñecemento e desenvolvemento do pensamento crÃtico.
Tamén se recollen ligazóns a outros recursos elaborados pola Xunta, como os promovidos pola Axencia Turismo de Galicia, que ofrecen información en varios idiomas, entre eles galego, castelán, inglés, francés, alemán, portugués e italiano.
A planificación das actuacións continúa a través da comisión interdepartamental constituÃda a comezos de ano, na que participan representantes das consellerÃas de Presidencia, Xustiza e Deportes; Medio Ambiente e Cambio Climático; Educación, Ciencia, Universidades e FP; e Sanidade, ademais da Axencia Turismo de Galicia.
Na reunión informouse de que xa se están trasladando aos concellos os requisitos que deben cumprir no caso de organizar eventos vinculados á eclipse, especialmente aqueles con elevada afluencia de público ou que se desenvolvan en terreos forestais, zonas de alto risco de incendio ou espazos especialmente protexidos, co obxectivo de reforzar a coordinación en materia de protección civil.
