A Xunta fai balance da certificación en competencias dixitais (Comdix) para a cidadanÃa
luns, 1 de setembro do 2025
A Administración galega vén de facer balance da súa oferta de formación gratuÃta en competencias dixitais co obxectivo de mellorar a empregabilidade da poboación galega, tal e como presentou esta mañá no Consello da Xunta. Preto de 2.000 persoas contan xa co Certificado galego de competencias dixitais (Comdix), que acredita ante entidades públicas e privadas os coñecementos e habilidades necesarias para manexar as tecnoloxÃas dixitais.
No último ano convocáronse seis probas de nivel iniciación e intermedio a través das aulas CeMIT, ás que se presentaron 2.500 persoas. Destas, 1.569 superaron o nivel inicial e 351 o intermedio. A maior parte dos certificados obtivéronos mulleres de entre 45 e 65 anos. No último trimestre do ano haberá novas convocatorias, que se anunciarán no Diario Oficial de Galicia no mes de setembro.
Co fin de preparar estas probas, a cidadanÃa dispón de itinerarios formativos en liña a través da Rede CeMIT, tanto en modalidade de autoformación como con titorización. Engádese ademais unha nova opción de curso titorizado con avaliación continua, que permitirá acadar a acreditación ao superar o programa.
A rede de aulas CeMIT serve de apoio tanto para a formación como para a realización das probas presenciais. Para iso, formouse previamente o persoal das aulas e das entidades colaboradoras, e desde 2023 máis de 220 formadores xa contan coa súa acreditación nos niveis abertos á cidadanÃa.
O marco galego de competencias dixitais, aprobado en 2021 e inspirado no modelo europeo, establece catro niveis progresivos (desde iniciación ata especializado) para favorecer a aprendizaxe continua, mellorar a empregabilidade e facilitar a participación activa na sociedade dixital.
