A Xunta impulsa un marco para regular a xestión de documentos electrónicos
luns, 27 de abril do 2026
A Xunta deu luz verde ao informe que establece as bases para regular a creación e xestión de documentos electrónicos no sector público autonómico. A iniciativa, impulsada polas consellerÃas de Cultura, Lingua e Xuventude e de Facenda e Administración Pública, busca configurar un marco que permita optimizar e reforzar a fiabilidade da administración electrónica.
A proposta inclúe a posta en marcha dunha ferramenta chamada a servir de referencia para futuros desenvolvementos técnicos, normativos e organizativos. Nela recóllense cuestións como os procesos de xestión documental, os axentes implicados e as súas responsabilidades, asà como os instrumentos necesarios e as directrices para a súa implantación.
O documento aborda todo o ciclo de vida dos documentos electrónicos, desde a súa creación ata a súa transferencia ao arquivo electrónico, xa sexa para conservación, consulta ou eliminación. Este proceso abrangue fases como a captura, o rexistro, a clasificación, a descrición, o acceso, a cualificación, a conservación, a transferencia e a destrución.
Entre os actores implicados figuran, ademais das consellerÃas promotoras, os órganos responsables da xestión de procedementos e servizos que xeran documentación electrónica, asà como aqueles encargados da formación do persoal público. Tamén participan a Comisión de Seguridade e Goberno Electrónico, o Consello de Avaliación Documental de Galicia e o Consello de Arquivos de Galicia.
O marco incorpora distintos instrumentos para garantir unha correcta xestión documental, como o catálogo de sistemas dixitais, o inventario de información administrativa e os catálogos de procedementos, servizos, series e tipoloxÃas documentais.
As directrices definidas abranguen aspectos funcionais, tecnolóxicos, operativos e organizativos, incluÃndo o modelo tecnolóxico, a polÃtica de sinatura electrónica e certificados dixitais, os sistemas de seguridade e acceso, os procesos de dixitalización e conservación, o ciclo de vida dos documentos, os procedementos de destrución e os plans de xestión de riscos.
O texto tamén subliña a importancia da formación continua do persoal implicado, co obxectivo de facilitar e sistematizar o seu traballo. A aplicación da polÃtica estará sometida a mecanismos periódicos de supervisión, para o que se constituirá un grupo de traballo con representantes da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
