Miguel Corgos apela á colaboración institucional para loitar contra a ciberdelincuencia
xoves, 30 de xaneiro do 2025
Compartir información e colaborar para potenciar a ciberseguridade e limitar os novos xeitos de delincuencia, asà como garantir a protección dos datos e a información de toda a cidadanÃa é o obxectivo fixado pola Xunta. Isto mesmo foi o que manifestou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, que inauguraba hoxe o VI Foro Rexional ISMS Forum Galicia. Este encontro reúne a axentes públicos, privados e profesionais do sector para afrontar os retos da seguridade nas TIC. Miguel Corgos lembrou que o Goberno galego puxo en marcha, xa no 2018 o Centro de Resposta a Incidentes de Ciberseguridade CSIRT.gal que só o ano pasado bloqueou 237 millóns de intentos de ataque.
Engadiu tamén Corgos o papel do Nodo CIBER.gal como espazo de encontro e colaboración nesta materia, no que participan institucións como a Xunta, o Instituto Nacional de Ciberseguridade, o Centro Criptolóxico Nacional ou a FEGAMP, asà como máis de medio cento de empresas e institucións.
A ciberseguridade é unha prioridade para o Goberno galego, asà o afirman subliñando que contan cunha estratexia especÃfica que constitúe o eixo da Estratexia Galicia Dixital 2030 e apoio ás entidades locais para que a cidadanÃa teña máis seguridade nas relacións coas Administracións públicas.
Galicia participa con Cataluña e a Comunidade Valenciana nun proxecto das Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica para mellorar a ciberseguridade no ámbito do transporte intelixente.
Para rematar, Miguel Corgos avanzou que o obxectivo da Xunta é promover un pacto polos dereitos dixitais na Comunidade e quixo lembrar que a primeira Lei sobre IA no eido rexional europeo é a galega e está xa en proceso de aprobación.