A Xunta inicia unha campaña para fomentar o uso das TIC no comercio
mércores, 13 de xullo do 2016
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, presentou
esta mañá en Santiago a campaña Smart Commerce, coa que a ConsellerÃa de
EconomÃa, Emprego e Industria pretende dar maior visibilidade aos
establecementos que se sumaron a esta aposta da Xunta por impulsar o comercio
intelixente e a aplicación das TIC, ofrecendo asà unha atención máis
personalizada aos clientes. O presidente da Federación Galega de Comercio, José
MarÃa Seijas López, acompañou á directora xeral no anuncio da a posta en marcha
dunha páxina web que servirá de reclamo para animar ao resto do pequeno
comercio a implantar os novos sistemas de comercialización e información ao
consumidor.
Sol Vázquez subliñou que os comerciantes que apostan polo smart commerce son os verdadeiros
protagonistas da campaña, contando en primeira persoa a súa experiencia e as
súas iniciativas. Para alcanzar este obxectivo, a directora xeral de Comercio
indicou que a nova web servirá de plataforma
para unir, dar visibilidade e potenciar aos comerciantes que melloraron os seus
establecementos a través das TIC e das vantaxes que aporta a utilización de
internet no dÃa a dÃa dos seus negocios, creando deste xeito novas canles de
venda máis próximas ao cliente.
A Xunta destina 70 millóns de euros ata 2020 ao Plan
estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia para incrementar a
competitividade do comercio de proximidade galego a través de 55 accións
especÃficas articuladas arredor de tres grandes retos: ademais de impulsar o smart commerce; céntrase en afianzar un
sector comercial renovado e en potenciar o comercio excelente, traballando na
dinamización e a mellora continua.
A campaña Smart Commerce completarase coa posta en marcha dun perfil en redes
sociais que actuará de canle de comunicación directa cos comerciantes, ao tempo
que favorece a participación dos establecementos para que se sumen a esta
aposta polos novos sistemas de comercialización.
Galardóns ás mellores iniciativas
Para seguir avanzando neste eido, Sol Vázquez recordou que a
ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria tamén ten convocada a primeira
edición dos premios Smart Commerce de Galicia, na que se galardoará as mellores
iniciativas en cada provincia, destacando unha das catro como a mellor da
comunidade, ademais de distinguir á mellor labor en comercio electrónico e á
mellor estratexia en redes sociais.
Os comerciantes poden presentar as súas candidaturas ata o
vindeiro 22 de agosto. Cun reparto en premios de 8.500 euros, a Xunta quere
destacar a labor dos comercios tradicionais para impulsar a innovación dos seus
negocios a través das novas tecnoloxÃas e visualizar a excelencia e importancia
dos comercios galegos nas novas estratexias comerciais.
A directora xeral sinalou que o impulso do smart commerce e do comercio en liña
tamén se reforza este ano coa aprobación de axudas por máis de 3 millóns de
euros, das que se beneficiaron preto de 1.000 comerciantes e obradoiros de
artesanÃa de Galicia, ademais de 6 federacións e asociacións do sector
comercial e artesán.
Con estas axudas impulsaranse preto de 600 proxectos con
novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que combinan o
comercio en liña e fóra de liña; que implican a utilización das redes sociais
para a venda ou que avanzan no desenvolvemento do comercio a través do móbil,
ademais de páxinas web comerciais; complementando asà a experiencia de compra
presencial dos consumidores cos diferentes canais comerciais.
