A Xunta lembra que a tramitación de comunicacións de queima de rastrollos é de balde pola Rede

xoves, 20 de xuño do 2019 Redacción

A Xunta lembra que a tramitación das queimas de restos agrícolas amoreados é totalmente gratuíta a través da páxina web oficial para esta finalidade. Non obstante, cómpre trasladar que existe unha páxina independente e non oficial que reclama o pago de 29 euros por complementar este trámite. O Goberno galego anima aos cidadáns a que realicen as xestións a través da web oficial de balde.
Por último, a Xunta quere sinalar tamén que existe a posibilidade de facer estas xestións a través do teléfono 012, en horario de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas e os sábados de 8:00 a 17:30 horas. Neste caso, o interesado unicamente deberá aboar o custo da chamada segundo teña contratado coa súa compañía telefónica.

PUBLICIDADE