A Xunta licita un contrato de 47,36 millóns para reforzar a súa rede de telecomunicacións en 3.000 centros
luns, 27 de abril do 2026
A Xunta reforzará a capacidade de resposta da súa rede corporativa de telecomunicacións cun novo contrato que dará servizo a arredor de 3.000 centros da Administración autonómica. O Consello tomou razón da próxima licitación, que busca mellorar a capacidade, a dispoñibilidade e a continuidade dunha infraestrutura clave para a prestación de servizos dixitais á cidadanÃa e ás empresas.
A rede conecta centros educativos, residencias de maiores, oficinas de emprego ou xulgados, e integra máis de 33.000 extensións de telefonÃa fixa, 8.000 liñas móbiles e o servizo de envÃo de SMS, que no último ano superou os 13 millóns de mensaxes.
Entre as novidades, inclúese a instalación de accesos a Internet por satélite no Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) e nos principais edificios da Xunta, co obxectivo de garantir a conectividade en situacións de continxencia. Tamén se incorporará unha saÃda alternativa a Internet a través doutro operador para asegurar a continuidade do servizo en caso de incidencias.
O contrato reforza ademais a redundancia da telefonÃa fixa nos centros máis relevantes e prevé contar con dous operadores diferentes para o 112. Asà mesmo, habilitarase telefonÃa móbil por satélite para usuarios crÃticos, de xeito que se poida manter a comunicación en emerxencias ou fallos das redes convencionais.
Establécese unha tarifa plana en datos e voz, cun crecemento anual mÃnimo do 10% nas liñas de datos e telefonÃa fixa e do 5% nas liñas móbiles sen incremento de custo. Tamén se amplÃa o volume de SMS incluÃdos ata os 15 millóns anuais e valorarase a renovación de ata 5.000 puntos de acceso wifi en centros educativos.
O contrato abrangue igualmente o mantemento do equipamento, a configuración, instalación e actualización de software, asà como ferramentas de xestión e monitorización e tarefas asociadas ao cableado. O orzamento de licitación elévase a 47,36 millóns de euros para os próximos tres anos, dos que arredor de 3 millóns se destinarán ao plan de mellora das infraestruturas tecnolóxicas aprobado en xullo de 2025.
