A Xunta licita unha nova solución de seguridade das aplicacións web para o Servizo Galego de Saúde
martes, 1 de xullo do 2025
A Xunta, a través da ConsellerÃa de Sanidade, vén de publicar no Portal de Contratos de Galicia a licitación, por importe de 634.998,32 euros, da contratación dunha solución de seguridade de aplicacións web para o Servizo Galego de Saúde.
O obxectivo principal do contrato é dotar os centros dependentes da ConsellerÃa de Sanidade das ferramentas necesarias para mellorar a xestión sanitaria e avanzar na implantación de sistemas de información corporativos que faciliten a toma de decisións por parte da dirección e dos responsables de xestión. Asà mesmo, ofrecerase á cidadanÃa servizos dixitais máis seguros, transparentes e orientados á autoxestión, reforzando asà a confianza no sistema público de saúde.
Con estas actuacións preténdese reforzar a seguridade dos servizos prestados por vÃa telemática ou domiciliaria, garantir a dispoñibilidade dos sistemas e protexer a confidencialidade da información.
O contrato prevé o subministro, instalación, configuración e posta en funcionamento da solución, asà como a súa integración cos sistemas existentes do Servizo Galego de Saúde. Todos os compoñentes contarán cunha garantÃa de catro anos.
A execución do proxecto dividirase en dúas fases: unha primeira centrada na entrega e validación dos compoñentes e unha segunda fase na que se levará a cabo a instalación e integración definitiva da solución.
As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o vindeiro 28 de xullo para presentar as súas ofertas.
Esta actuación está financiada pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e forma parte da Estratexia de transformación dixital da atención primaria e comunitaria.
