A Xunta mellorará a cobertura de telefonÃa móbil en núcleos rurais de ata 118 concellos
xoves, 28 de novembro do 2019
Alberto Núñez Feijóo informou hoxe na rolda de prensa do
Consello da Xunta dunha iniciativa
para mellorar a cobertura de telefonÃa móbil en zonas rurais, cun
investimento de ata 5 millóns de euros. Será posible grazas a sinatura dun
acordo marco coa Federación Galega de Municipios (FEGAMP), que se materializará
nos vindeiros dÃas.
No que respecta aos pasos a seguir por parte dos concellos
interesados, o presidente da Xunta explicou que estes deberán presentar, no
prazo que se habilitará inmediatamente despois de asinar o dito acordo, un
proxecto que inclúa: a posta á disposición dun terreo adecuado segundo os
criterios técnicos e comprometerse a abordar a acometida eléctrica, para o que
poden solicitar unha axuda máxima de 30.000 euros.
A continuación, dixo, os concellos que cumpran os requisitos
integraranse nun proxecto que se desenvolverá a través dunha encomenda ao
operador público Retegal para a construción das torres e unha convocatoria
pública a operadores en concorrencia competitiva. E, pola súa banda, engadiu, a
adxudicación do proxecto está prevista para finais do primeiro semestre de
2020.
O presidente da Xunta salientou ademais que en total poderán
beneficiarse núcleos de ata 118 concellos do ámbito rural nos que se ten
detectado algún problema coa cobertura móbil. A maiorÃa deles, subliñou, teñen
menos de 10 habitantes, pero algúns son destinos turÃsticos ou están situados
no Camiño de Santiago.
Nese sentido, Feijóo explicou que, tras solicitar
reiteradamente ao Estado a inclusión da cobertura móbil dentro do servizo
universal de telecomunicacións, decidiuse optar por esta solución alternativa,
semellante a outras que se están a levar a cabo en Italia e que tamén se están
a analizar en Alemaña.
Por último, o titular do Goberno galego situou esta
iniciativa nun contexto de esforzo por mellorar o acceso a internet e, neste
ámbito, destacou que entre 2010 e 2020 a Xunta terá investidos 185 millóns de
euros de fondos públicos.
A maiores, concluÃu destacando o obxectivo de incrementar a
porcentaxe de galegos con acceso a redes ultrarrápidas que permitirán que o 90%
dos galegos teñan acceso á Internet de 100 Mbps en 2021.
