A Xunta ofrece axudas económicas para a dixitalización, modernización e sustentabilidade do comercio
venres, 14 de febreiro do 2025
Dende o Diario Oficial de Galicia (DOG) anunciábase hoxe a orde da ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración dotada con 3,9 millóns de euros para impulsar a dixitalización, a innovación e a sustentabilidade do comercio retallista e dos obradoiros artesanais galegos. Cómpre sinalar que esta convocatoria unifica por primeira vez estas tres liñas de apoios e trae novidades como o avance na simplificación administrativa e na procura da axilización das tramitacións co gallo de favorecer actuacións que contribúan á implantación dun modelo de comercio innovador e sustentábel nas cidades e vilas galegas.
A finalidade destas tres liñas diferentes de axudas (compatÃbeis entre si) é apoiar ao sector para adaptarse á nova realidade e ás tendencias de consumo a través da introdución de tecnoloxÃas que lles permitan conectar coas necesidades do cliente, mellorar a imaxe e os equipamentos dos establecementos para consolidar un comercio de proximidade moderno e atractivo e avanzar no compromiso ambiental e na eficiencia de recursos a través do emprego de bolsas e materiais de embalaxe con baixa pegada de carbono, eliminando materiais plásticos e axeitando o tamaño á dimensión dos produtos.
Sinalar que o prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o vindeiro 26 de febreiro e prolongarase durante un mes, até o 26 de marzo de 2025.
En canto ás novidades, unha delas é a aposta pola reorganización e sintetización das actuacións subvencionábeis, co obxectivo de que a tramitación sexa o máis práctica e doada posÃbel. Amais, increméntase a intensidade das axudas até o 80%.
Máis polo miúdo, a primeira das liñas de apoio: de dixitalización e innovación comercial, inclúe actuacións como a implantación e mantemento de páxinas web, ferramentas de posicionamento dixital, terminais de autopagamento, xestión de redes sociais ou loxÃstica e-commerce, entre outras. Salientar que a contÃa máxima de axudas neste apartado é de 35.000 euros.
Na liña de modernización comercial, abránguense obras de acondicionamento e reforma da superficie de exposición e venda, incluÃndo a adquisición de mobiliario auxiliar; custos de servizos profesionais para a redacción de proxectos de interiorismo e decoración, asà como accións encamiñadas á mellora da eficiencia enerxética. Asemade, obsérvase a adquisición de maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar relacionado coa actividade comercial e artesanal. Neste senso, as axudas poden chegar aos 19.400 euros.
No caso da liña encamiñada á sostibilidade ambiental, considéranse subvencionábeis as actuacións dirixidas á redución das cantidades de embalaxe mediante a adaptación do seu tamaño á dimensión dos produtos, con investimentos en caixas de cartón ou bolsas de papel 100 % reciclado, recheos para embalaxe, bolsas de tea de algodón, liño ou cáñamos 100 %. O investimento máximo subvencionábel neste apartado é de 2.500 euros e a axuda máxima outorgada será de 2.000 euros.
Para rematar, informar que tamén se impulsan outros apoios para fortalecer o ecosistema comercial galego, entre os que se subliña a orde dirixida á dinamización comercial que impulsan os centros comerciais abertos, cun orzamento de 2,5M€. O prazo de presentación de solicitudes neste caso estará aberto do mércores 19 de febreiro ao 19 de marzo.