A Xunta prepara novas axudas para empresas tecnolóxicas que non acadaran subvencións estatais
xoves, 3 de xullo do 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román RodrÃguez, visitou hoxe a empresa Vig Sec Drone, que está a desenvolver, co apoio da Xunta, ACRE, un software para coordinar vehÃculos tripulados e non tripulados nun espazo aéreo compartido destinado á xestión de emerxencias.
En concreto, a Axencia Galega de Innovación apoia esta empresa de base tecnolóxica a través da liña de axudas de recuperación da excelencia Neotec, un instrumento que permite financiar aquelas entidades que superaron os limiares mÃnimos establecidos na convocatoria estatal Neotec do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), mais que non obtiveron financiamento por esa vÃa.
Neste contexto, o representante do Goberno galego anunciou a próxima convocatoria desta liña de axudas, que desde 2021 ten permitido apoiar con máis de sete millóns de euros a 27 empresas innovadoras de base tecnolóxica de nova creación e con vocación de crecemento. Román RodrÃguez destacou a contribución «ao fortalecemento do emprendemento innovador e á aceleración da transferencia de coñecemento desde os organismos de investigación públicos e as universidades».
Sobre o proxecto de Vig Sec Drone, o conselleiro de Ciencia puido coñecer as instalacións e asistir a un voo de dron para comprobar de primeira man as vantaxes deste produto para os operadores de vehÃculos tripulados e non tripulados. Entre outras, ACRE permite optimizar o uso de recursos, aumentar a seguridade das operacións, reducir o custo das mesmas e o tempo necesario para a mitigación da emerxencia, asà como mellorar e automatizar a integración e a distribución da información solicitada polas unidades participantes na emerxencia, o que redunda nunha mellora na toma de decisións.
