A Xunta prepara o Programa galego de intelixencia artificial 2025-2027
venres, 27 de decembro do 2024
O Consello da Xunta celebrado hoxe deu conta do inicio da elaboración do Programa galego de intelixencia artificial 2025-2027, que facilitará o despregamento da futura lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia.
Este programa dará prioridade aos recursos cos que conta a Administración neste ámbito, optimizando esforzos e promovendo sinerxÃas entre departamentos. O documento recollerá as medidas e actuacións previstas, tanto para incorporar a IA ás consellarÃas como para promover o seu uso por parte da cidadanÃa e do tecido empresarial.
O proceso de elaboración comezará na primeira quincena de xaneiro, cunha reunión de lanzamento coas consellerÃas, en que se formalizarán os grupos de traballo. A redacción do programa desenvolverase entre xaneiro e febreiro, incluÃndo sesións de traballo co ecosistema da IA en Galicia, como paso previo á aprobación definitiva en Consello.
Na elaboración do Programa terán un peso destacable as achegas da AMTEGA, como principal entidade promotora da dixitalización de Galicia e do despregamento da IA no conxunto da rexión; do IGAPE, de cara á adopción da IA polas empresas; e da Axencia Galega de Innovación como entidade promotora da innovación na rexión, en colaboración coas consellerÃas a través de grupos de traballo.