A Xunta presenta ante o Consello de Europa os seus avances en dixitalización e IA
mércores, 16 de outubro do 2024
A Xunta de Galicia participou esta mañá na XLVII Sesión do Congreso de Autoridades Locais e Rexionais do Consello de Europa para presentar os seus avances en dixitalización, intelixencia artificial e gobernanza rexional, invitada pola Cámara das Rexións do Consello de Europa nunha mesa de debate na que tamén habÃa representantes do cantón suÃzo de Juira, do estado de Hesse de Alemaña e de Macedonia do Norte.
A intervención galega no debate correo a cargo da directora da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, MarÃa Bobillo, que fixo un repaso polos avances de Galicia en aspectos como a conectividade do territorio, a universalización dos servizos públicos dixitais ou a capacitación dixital da cidadanÃa.
Bobillo centrou boa parte da súa intervención na presentación da Lei para o Desenvolvemento e Impulso da Intelixencia Artificial, a primeira destas caracterÃsticas que se elabora nunha rexión europea e que será remitida proximamente ao Parlamento de Galicia para o seu debate, e destacou que «as implicacións da IA son importantes para cada nivel de gobernanza, pero especialmente para as rexións de España que teñen moitas competencias clave» e salientou as responsabilidades da Administración na implantación da IA porque «depende de nós, en calquera nivel de gobernanza pública, asegurar o seu uso correcto e, sobre todo, garantir á cidadanÃa os seus dereitos fundamentais».