A Xunta quere que a Tecnópole facilite a ampliación do Polígono de San Cibrao das Viñas

mércores, 6 de novembro do 2019 Redacción

O presidente a Xunta tivo un encontro coa Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, onde afirmou que a Xunta proporá á Tecnópole poñer á disposición 421.000 m2 en favor do polígono para consolidar o seu liderado como un dos maiores parques empresariais de Galicia e dar resposta a unha demanda industrial desta área e de toda a provincia de Ourense.
Feijóo incidiu en que con este proxecto a Xunta dará resposta a unha das demandas prioritarias que tanto o polígono como o Concello veñen expoñendo. Asegurou que «plantexaremos ao Consello de Administración do Parque Tecnolóxico esta proposta para agrupar e ampliar a superficie industrial do polígono», engadindo que, de obter o respaldo, a Xunta conta nos orzamentos de 2020 cunha partida específica para este proxecto.
Logo de precisar que 80.000 m2 xa están urbanizados e se poderían poñer á disposición das empresas de xeito inmediato, Feijóo destacou a determinación de que o prezo do solo teña unha rebaixa do 50% e, para as empresas que prefiran, en vez de comprar, constituír un dereito real de superficie, o prezo estará aproximadamente en 1 €/m2 ano.

PUBLICIDADE