A Xunta recibe 3 ofertas para executar o Centro de Ciberseguridade de Galicia
martes, 12 de setembro do 2023A
Xunta recibiu 3 ofertas de empresas para executar as obras do Centro de
Excelencia en Ciberseguridade de Galicia nos terreos do Parque Tecnolóxico
de Galicia, en San Cibrao das Viñas, cun investimento de máis de 6 millóns de
euros. O obxectivo da Xunta é adxudicar as obras no outono e empezalas a
principios do 2024, para poder poñer en marcha o novo centro no ano 2025, xa
que os traballos teñen un prazo de execución de 20 meses.
Este novo centro
ten como metas contribuÃr ao fortalecemento da ciberseguridade na contorna da
administración pública, da cidadanÃa e das empresas; apoiar a innovación no
sector produtivo mediante o logro da excelencia na investigación; asà como o
desenvolvemento de talento especializado en ciberseguridade.
A empresa
adxudicataria construirá o edificio que albergará o Centro de Excelencia en
Ciberseguridade de Galicia na parcela 3E da Tecnópole, cunha superficie útil de
máis de 2.100 m2.
O complexo
acollerá os espazos de monitorización e xestión de ciberseguridade, áreas de
traballo e concienciación, zonas de uso externo e locais de emprendemento e de
alugamento para empresas privadas.
As instalacións
deseñadas pola Xunta estrutúranse en catro elementos que expresan o seu
carácter funcional no conxunto e que se articulan ao redor dun espazo central
de acceso e circulacións en forma de disco horizontal con control visual
directo aos espazos dos catro bloques.
A sala de
operadores, que se aloxará nunha das pezas máis significativas da actuación na
posición noroeste da parcela, albergará na súa planta superior os espazos
servidores desta, como son o despacho, o laboratorio, a sala de crise e a sala
de reunións.
No lado oposto,
cara ao sueste, sitúase a peza de laboratorios e Centro Demostrador, que se
organizan de modo que mediante paneis móbiles poden configurarse nun espazo
conxunto para demostracións de maior envergadura. Estes espazos terán dobre
altura, situándose nunha zona parcialmente superior unha sala de máquinas de
climatización.
Na diagonal do
eixo contrario, situación noroeste-suroeste, proxéctanse dúas pezas
arquitectónicas análogas con dúas plantas, para usos administrativos, para
aseos, espazos para uso interno do centro, para emprendedores ou para o
alugueiro de empresas privadas. Estas dúas pezas análogas fórmanse mediante a
disposición de dúas pezas arquitectónicas que se traban mediante unha fenda
central de circulacións verticais e horizontais.