A Xunta regulará o uso da IA no ensino
mércores, 24 de setembro do 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román RodrÃguez, mantivo hoxe unha reunión coa Xunta Autonómica de Directores e Directoras no marco da rolda de encontros destinada a perfilar o contido da futura Lei de educación dixital. A intención do Goberno galego é completar a súa elaboración este outono para que poida aprobarse antes de que remate o curso.
RodrÃguez agradeceu a implicación dos representantes dos equipos directivos de colexios e institutos, que contribúen a enriquecer un texto chamado a regular os dereitos e deberes da comunidade educativa (administracións públicas, centros, docentes, alumnado e familias) fronte aos novos retos que a transformación social introduce no ensino.
O conselleiro destacou que a lei incorporará un capÃtulo especÃfico sobre a aplicación da intelixencia artificial ao sistema educativo, co obxectivo de aproveitar «e sacarlle o máximo rendemento ás súas potencialidades». Nese sentido, regularase e ordenarase o seu uso para favorecer a aprendizaxe e reducir os riscos derivados dun uso inadecuado. «Trátase de usala ben, poñendo ao docente e ao alumno no centro do sistema», engadiu.
Subliñou ademais o carácter integral da futura norma, que aspira a converterse nun referente máis alá de Galicia, xa que actualmente non existe unha lei deste tipo nin no conxunto do Estado nin a nivel europeo. O texto recollerá cuestións como a regulación da comunicación dixital entre docentes e alumnado fóra do horario lectivo, o uso responsable da intelixencia artificial ou a resposta ante condutas contrarias á convivencia no ámbito dixital.
Entre os obxectivos principais figura a consolidación do modelo galego de ensino hÃbrido, no que as ferramentas tradicionais se complementan coas novas tecnoloxÃas para garantir a mellor preparación do alumnado. Para iso, procurarase dotar os estudantes de competencias dixitais que lles permitan desenvolverse de xeito responsable, seguro, crÃtico e competitivo.
O texto tamén adaptará o uso das tecnoloxÃas nas aulas segundo a etapa educativa e o grao de madurez dos estudantes, e insistirá en aspectos como o benestar dixital, a privacidade, a protección de datos, o dereito á identidade dixital e á intimidade, asà como a accesibilidade universal. En paralelo, fomentarase a colaboración cos centros e as familias a través de sesións de titorÃa e accións informativas especÃficas.
