A Xunta renova a Sede Xudicial Electrónica e o Portal de Xustiza
martes, 16 de decembro do 2025
A Xunta de Galicia puxo en funcionamento as novas versións da Sede Xudicial Electrónica e do Portal de Xustiza de Galicia, cun deseño renovado, máis visual e intuitivo, que facilita o acceso á información e aos servizos xudiciais desde calquera dispositivo.
Entre as principais novidades da sede xudicial destaca a ampliación dos trámites dispoñibles en liña para a cidadanÃa. A partir de agora pódense presentar reclamacións a compañÃas aéreas, solicitar medidas de apoio a persoas con discapacidade ou persoas maiores, asà como consultar o expediente xudicial electrónico nos procedementos nos que se é parte, o que permite reducir desprazamentos e axilizar as xestións.
A actualización incorpora tamén melloras orientadas aos profesionais da xustiza, cunha área privada máis completa e funcional. Este espazo ofrece unha visión conxunta da actividade recente, con acceso desde un único punto a escritos presentados, procedementos en curso, notificacións, descargas e sinalamentos.
A nova sede xudicial electrónica reforza, ademais, a atención ao usuario mediante máis recursos de orientación e axuda. Entre eles destaca a sección Como actuar en caso de..., concibida para ofrecer información práctica ante situacións habituais relacionadas coa xustiza. Xunto a isto, incorpórase unha canle de consultas diarias a través de WhatsApp, pensada para resolver dúbidas de maneira rápida e directa.
A renovación complétase co novo Portal de Xustiza de Galicia, que estrea un deseño aliñado co da sede xudicial electrónica, co obxectivo de manter unha identidade visual común e unha navegación máis sinxela. O portal incorpora espazos especÃficos segundo o perfil de usuario (cidadanÃa, profesionais e persoal da Administración de Xustiza), nos que se agrupan contidos e servizos adaptados ás necesidades de cada colectivo.
Asà mesmo, o Portal de Xustiza reforza o seu carácter divulgativo coa creación de novos espazos informativos, como os dedicados ao Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) ou á Oficina Virtual de Asistencia ás VÃtimas de Delitos, orientada a persoas vÃtimas de violencia. Estes ámbitos ofrecen información útil, recursos dispoñibles e vÃas de atención psicolóxica, social e xurÃdica, contribuÃndo a achegar a xustiza á cidadanÃa.
