A Xunta sinala a importancia da formación contra os delitos relacionados coas TIC

martes, 30 de xullo do 2024 Redacción

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou esta mañá na clausura da xornada A transformación dixital, unha realidade irreversible na seguridade privada, onde destacou a importancia da formación para facerlle fronte ás ameazas cibernéticas e aos delitos relacionados coas TIC.
Santiago Villanueva incidiu no compromiso da Xunta coa formación dos profesionais da seguridade pública e privada a través da Academia Galega de Seguridade Pública, onde se imparten cursos e accións divulgativas tamén en relación co eido dixital. Segundo sinalou, é fundamental “contar con profesionais ben preparados na materia e que actualicen os coñecementos e as ferramentas necesarias para loitar contra os delitos informáticos, así como saber previr as ameazas, que avanzan a gran velocidade volvéndose máis sofisticadas”.