A Zona Franca de Vigo confía a súa comunicación ao equipo de Dos Espacios

martes, 18 de xullo do 2023 S. P.

A empresa Dos Espacios, con sede en Vilagarcía de Arousa, resultou adxudicataria do contrato de servizo de apoio ao gabinete de comunicación do Consorcio da Zona Franca de Vigo e colaborará coa entidade durante os vindeiros dous anos prestando servizos de comunicación 360, de redes sociais, de deseño gráfico e audiovisuais.
O equipo de Dos Espacios tirará proveito, neste novo proxecto, da súa ampla traxectoria en comunicación pública no ámbito da tecnoloxía, a industria e a innovación. “Asumimos este novo reto co obxectivo de achegar todo o noso coñecemento e experiencia ao servizo dunha institución pública cun papel tan relevante no impulso á economía e a creación de emprego como é o Consorcio da Zona Franca de Vigo”, explican fontes da empresa arousá.
Dos Espacios conta cun equipo de comunicación especializado en políticas públicas, turismo e innovación. Cun estilo de traballo diferenciado e único, achega un servizo transversal, adaptado e adaptábel ás necesidades de cada entidade. “Complementamos o noso catálogo de servizos cunha cunha área de consultoría de turismo e cun departamento de TI baseados na innovación, que nos permiten ofrecer aos nosos clientes as solucións tecnolóxicas máis avanzadas”, engaden.