A Zona Pro do Carballo Interplay explorará o éxito da comunicación dixital do Celta de Vigo
mércores, 9 de abril do 2025
O festival de contidos dixitais Carballo Interplay, organizado polo Concello, presento este 9 de abril os paneis da súa Zona Pro, un espazo para reflexionar e debater sobre as tendencias na industria da comunicación e o eido dixital da man dos seus protagonistas. Nesta XII edición do festival, que será do 24 ao 27 de abril no Mercado de Carballo, explorarase o fenómeno do true crime, o seu formato, o estilo a ambientación, asà como conflitos éticos, da man de dous proxectos galegos premiados pola iniciativa Radar Podcast Spotify. O panel será o venres 26 ás 10:00 e participarán os programas Sofá, manta y crimen, Ana Orellana creadora de La crónica oscura e Jesús Carbón, responsábel de partnerships con creadores, medios de comunicación e produtoras de podcasts en Spotify España.
O Celta de Vigo tamén estará presente en Carballo. O segundo panel, que será ás 12.00 horas centrarase na estratexia de comunicación do club galego e do seu impacto no eido dixital. De tÃtulo, O chÃo, a Oliveira e as raÃces. O impacto da comunicación do Celta de Vigo no sentir da sociedade galega, repasará cos responsábeis de comunicación as chaves do seu éxito. A mañá rematará cun podcast en directo. O Faiado, programa galego en tendencia gañador do pitching a mellor proxecto dixital en galego (na categorÃa de canle) da última edición do Interplay, pechará a mañá conversando con convidados moi especiais que se desvelarán proximamente.
- Ana Orellana creadora de La crónica oscura
O devandito complétase tamén na xornada do sábado 26 con Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel, que reflexionarán no panel Abajo el trabajo sobre a hiperproductividade e autoesixencia nos creadores de contido. Para falar da loita antirracista e contra a xitanofobia estarán Chaimaa Boukharsa, Silvia Agüero, LucÃa MbomÃo e Celia Montoya no panel Comunicar na diversidade.
O Carballo Interplay completa asà a presentación da súa programación de contidos dixitais, a falta de anunciar a Sección Oficial na categorÃa de series e os finalistas dos diversos premios do certame, como o de Mellor Creador/a e Mellor Canle Dixital en Galego, o único en Galicia que destaca a creadores dixitais de diversas plataformas de contido.
Carballo Interplay está organizado polo Concello de Carballo e Turismo de Carballo co apoio da Deputación da Coruña e Xunta de Galicia a través de AGADIC.