A Zoom H6 facilita gravar son de calidade mentres gravamos vídeo cunha cámara réflex

venres, 14 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Para a xente que gusta gravar vídeos cunha cámara réflex dixital, e que queira gozar dunha boa calidade sonora (especialmente para rexistrar música), o mes que vén van contar cunha opción moi interesante, unha revisión da gravadora de audio Zoom H4N, que pode montase na zapata da cámara e que acepta 4 cápsulas de micrófono intercambiables para adaptarse a distintas condicións de gravación. A nova gravadora Zoom H6 pode gravar ata 6 pistas de audio simultáneas, conta cunha pantalla de cor para comprobar os niveis de reprodución e gravación, grava en tarxetas SD de ata 128 Gb de capacidade, é compatible con formatos de son MP3 e WAV (incluíndo audio HD de 24 bits a 96k), permite conectar ata 4 micrófonos XLR/TRS (con selectores de ganancia independentes e varios voltaxes de alimantación), USB para trasferir os datos a software de edición de audio e funciona ata 20 horas seguidas con 4 baterías AA.
O prezo desta gravadora será duns 400 dólares (299,70 euros), o que non é disparatado para un produto con calidade profesional como os que nos ten afeito Zoom, que desta volta achega un nivel de versatilidade moi elevado.

A gravadora acepta distintos tipos de cápsulas de micrófono


Vídeo de presentación da nova gravadora de Zoom

PUBLICIDADE