A acción de Max Payne 3 terá lugar no Brasil

luns, 4 de abril do 2011 Marcus Fernández

A semana que vén chega ás oficialmente ás tendas británicas o novo número da revista EDGE, pero os seus subscritores xa están a comezar a recibila nas súas casas, de xeito que poden coñecer de primeira man novos detalles do agardado Max Payne 3, xogo que figura na súa portada e do que adiantan numerosos detalles.
O anti-heroe de Rockstar volve tras 8 case 8 anos, máis vello e cunha aventura na que trasládase a Sudamérica, o que levou ao seu estudo de desenvolvemento a viaxar durante un par de semanas a Brasil para fotografar e filmar distintas localizacións para conseguir que Max Payne 3 amose un São Paulo co mesmo realismo que a súa primeira entrega facía con New York, polo que a experiencia de xogo deste novo título promete adaptarse ás esixencias da audiencia, que cada vez é máis sofisticada, polo que esixe variedade de contornos para o desenvolvemento da acción, para manter a tensión e dar lugar a algunhas sorpresas.

JPEG - 33 KB
O tempo bala volverá en Max Payne 3

Na revista EDGE comparan a historia de Max Payne 3 con Half-Life, por transmitir aos xogadores «a sensación de que non es o heroe, senón só un axente que se abre camiño nun mundo violento e caótico». Tampouco faltará o tempo bala que caracterizaba a esta franquía, polo que pese aos moitos cambios, o espírito de Max Payne procurará manterse.
Aínda que inicialmente viramos imaxes do protagonista calvo, con barba e máis vello que nas anteriores aventuras, as imaxes que ilustran a reportaxe da revista EDGE dan a entender que tal transformación do personaxe será progresiva, de xeito que poderemos manexar a un Payne máis novo durante distintos saltos narrativos que terán lugar ao longo da historia de violencia deste xogo que chegará en versións para Xbox 360, PlayStation 3 e PC.

PUBLICIDADE