A alfabetización dixital dos maiores e a ciberseguridade, presentes no Campus do Saber de Noia
venres, 26 de xullo do 2024
Noia vai acoller en agosto novas actividades formativas do seu Campus do Emprendemento e do Saber, unha iniciativa de ensino para persoas maiores impulsada por FUNDEHSGA e o Concello noiés (co apoio das tres universidades galegas e a Xunta) que este verán (dende xullo) incluÃu cursos sobre as funcións básicas do cerebro, sobre saúde dixital para persoas maiores (destinado a garantir as navegacións seguras das persoas maiores e impartido por Guillermo Cánovas, director de EducaLike) ou sobre os 40 anos de autonomÃa galega, entre outras cuestións.
A esta axenda cómpre engadir en agosto tres novas xornadas do Campus do Emprendemento e do Saber. Abordarán a literatura e os medios de comunicación en Galicia, a saúde mental e o deporte e os novos desafÃos en materia de protección tecnolóxica contra os ataques e as principais ameazas.
No primeiro curso, previsto para o sábado tres de agosto, analizarase a Literatura e os medios de comunicación na Galicia de hoxe, o 3 de agosto ás 10.00 horas, da man do profesor da USC Armando Requeixo.
O martes 13 será a quenda da Saúde mental e o deporte, que inclúe varios relatorios e unha mesa redonda na que, ademais do director do curso, JoaquÃn Dosil participará o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, e demais relatores.
A axenda remata o dÃa 20 cun curso sobre os Novos retos e avances en ciberseguridade da man de Luis Alamancos, director do gabinete especializado en dereito tecnolóxico Inpeval, a partir das 10.00 horas.
Todas estas actividades desenvolveranse no Casino de Noia.
As persoas interesadas en participar en calquera destas xornadas poden inscribirse a través do enderezo educacionnoia@gmail.com.