A aplicación Autofirma poderÃa corromper o chaveiro de macOS
xoves, 7 de maio do 2026
Os usuarios de ordenadores de Apple nunca tiveron doado relacionarse coas Administracións públicas dende os seus equipos, pero nos últimos dÃas o escenario tornou aÃnda máis escuro, xa que nun momento no que os cidadáns están tendo que recorrer á aplicación Autofirma para as declaracións de impostos, produciuse un incidente que podemos considerar bastante grave.
O caso máis visible foi o do podcasteiro Emilio Cano Emilcar, que narrou onte a corrupción do seu chaveiro de macOS, facendo que o seu equipo perdese todos os contrasinais almacenados no que describe como «unha desas pequenas historias de terror informático que comezan cun trámite administrativo e rematan cun mirando ao Mac como se viñese de traizoarte». Pero non parece que esteamos ante un caso puntuais, e outros usuarios correron a confirmar que lles pasara exactamente o mesmo.
Ao parecer, a aplicación Autofirma 1.9 en macOS corrompo o chaveiro de inicio de sesión cando menos en macOS 26.4.1, o que non deixa de ser un detalle máis para ilustrar o desleixo da Axencia Estatal de Administración Dixital, que permite que a aplicación de Autorima para Mac estea obsoleta e non respecta os estándares modernos de empaquetado e distribución de software, polo que durante a súa instalación compórtase como unha aplicación maliciosa, algo totalmente inadmisible para unha aplicación de uso obrigado para numerosos trámites administrativos.
