A aplicación Vigo, actualizada coa nova programación do Nadal

mércores, 24 de novembro do 2021 S. P.

A aplicación móbil do Concello de Vigo (a app Vigo) vén de estrear unha nova actualización xa dispoñíbel para dispositivos Android e iOS e que permite ter acceso a todas as actividades relacionadas co Nadal da cidade.
O alcalde Abel Caballero animou aos cidadáns e cidadás a actualizar no seu teléfono a devandita ferramenta e “descubrir por medio dela as posibilidades que ofrecen estas festividades”, dende actividades e atraccións, pasando polos mercados habilitados, o belén belén monumental, os adobíos luminosos, a roteiro do Nadal, o photocall, o material audiovisual que está previsto proxectar nas rúas, etc. En definitiva, dixo o rexedor, a aplicación vai permitirnos “facer un seguimento absoluto e total do Nadal en Vigo”.
Caballero agradeceu aos medios pola cobertura da estrea das celebracións na cidade e informou de que o vídeo en streaming do acto tivo “miles e miles de reproducións en tantos lugares”.

PUBLICIDADE