A aplicación de Xbox comeza a indicar cando un xogo corre ben no noso ordenador
martes, 7 de decembro do 2021
Cada vez que sae un xogo para ordenador os usuarios teñen
que comprobar os apartados de requisitos mÃnimos e requisitos recomendados para
saber se pode correr axeitadamente no seu equipo, en contraste do que acontece
nas consolas de videoxogos, nas que está claro que os xogos de cada plataforma
son totalmente compatibles, e para aproximar ambas experiencias a
aplicación de Xbox para Windows está a incorporar sección na descrición de cada
xogo na que se indica se o tÃtulo en cuestión corre ben no equipo no que
está instalada a aplicación.
Esta nova funcionalidade está a espallarse actualmente entre o amplo catálogo
de xogos dispoñibles a través da aplicación de Xbox, na que continúan a
amosarse os requisitos técnicos de cada xogo, nos que non será preciso analizar
cada un dos seus elementos para saber se funcionará correctamente no noso ordenador
xa que podemos fiarnos dunha sinxela etiqueta posible grazas a que Microsoft
está a desenvolver numerosas probas de desempeño dos xogos para evitar a
frustración dos usuarios que nalgunhas ocasións instalan xogos demasiado
potentes para os seus equipos.
- A aplicación de Xbox segue a indicar os requisitos de cada xogo, aÃnda que a nova etiqueta integrada permÃtenos evitar ter que realizar unha comprobación exhaustiva