A aplicación de busca de Google para iOS xa entende o galego falado
martes, 30 de outubro do 2012
- A aplicación de Google entende o galego falado
Google renovou hoxe a súa aplicación
de busca para iPhone, iPod Touch e iPad, que facilita o uso das aplicacións
en liña de Google dende os trebellos de Apple e que destaca especialmente por
permitir introducir as nosas consultas mediante voz, o que ao igual que
acontece co widget de busca de Google para Android, tamén pode configurarse
agora en galego, de xeito que xa podemos lanzar buscas na web empregando a nosa
fala.
A aplicación tamén mellora
a súa velocidade de xeito que é máis áxil que realizar as consultas dende un
navegador web, permite buscar imaxes a pantalla completa, descarta páxinas
web para volver aos resultados de busca, busca nunha páxina web co buscador de
texto integrado e tamén permite recoñecer imaxes mediante Google Goggles.
Cómpre lembrar que este tipo de buscas por voz de Google son bastante
anteriores ao popular Siri de Apple, e tamén permite realizar certas consultas
en linguaxe natural, de xeito que é capaz de facilitarnos resultados deportivos,
información da carteleira cinematográfica local e outros datos integrados no gráfico de coñecemento de Google.
- O galego xa figura entre as linguas dispoñibles na aplicación de Google para iOS
Exemplos de uso da aplicación de Google para iOS