A aplicación galega Imos? destaca en vendas en Google Play
luns, 26 de novembro do 2012- Imos? destaca en vendas en Google Play
A guÃa social móbil máis enxebre de Galicia que estrou nos pasados
dÃas versión para dispositivos co sistema operativo Android, Imos?, parece querer repetir o éxito acadado
anteriormente na App Store, e xa está a destacar na categorÃa
de Viajes y guÃas de Google Play,
onde figura no 10º posto de vendas (que serÃa o primeiro posto se atendemos á
listaxe de aplicacións novas).
Esta ferramenta que facilita a localización de furanchos, tabernas e casa de comidas
de toda Galicia, atreveuse a optar por un modelo de negocio de pagamento, estando
á venda por 0,89 euros (o mesmo prezo que a súa versión para
iPhone), o que poderÃa parecer un atranco para a súa popularización, pero o
seu prezo reducido non está a afastar ao público que quere aproveitar o
potencial do móbil para a localización de establecementos de gastronomÃa e
enoloxÃa da nosa comunidade, cun soporte social que enriquecerá esta guÃa
grazas á súa base de usuarios.
- Imos? xa conseguira despuntar en vendas na App Store
A través de Imos? non só podemos localizar furanchos e tabernas, senón que tamén podemos ver fotografÃas dos locais, ler comentarios sobre os mesmos (e facer os nosos) e tamén poder localizar puntos de información turÃstica e máis de 900 praias de Galicia, converténdose nunha ferramenta moi recomendable tanto para galegos que se moven pola nosa comunidade como para turistas que desexen atopar moverse polos establecementos máis tradicionais e económicos.