A aplicación móbil Bus Urbano supera as 10.000 descargas

xoves, 8 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O transporte público cada vez conta con máis apoios tecnolóxicos, e no caso da cidade da Coruña incluso é posible seguir en tempo real o servizo de autobuses municipais a través do móbil, o que poden facer os coruñeses con móbiles Android a través da aplicación Bus Coruña, que estes días superou as 10.100 descargas da súa versión de balde (volume bastante importante para unha aplicación dirixida ao ámbito local), o que celebran ofertando a súa versión de pagamento a só 0,99 euros (en vez dos 1,42 euros que custa habitualmente).
Bus Coruña presume de ser a única aplicación para móbiles Android que inclúe as paradas de autobús actualizadas, incluíndo obras, tempos, demoras, adiantos, nomes... detalles que nin sequera figura en fontes oficiais, polo que sería a ferramenta deste tipo máis completa,
A principal vantaxe da versión de pagamento de Bus Coruña é a posibilidade de gardar un acceso directo ás paradas que o usuario empregue máis , tanto para unha liña en concreto como para todas as que pasen por tal parada; aínda que un dos motivos de máis peso para adquirir a aplicación Premium é o apoio ao seu desenvolvedor, Adrián Barbeito.


Funcionamento da aplicación visto en vídeo

PUBLICIDADE