A aplicación móbil de YouTube permite facer chromas sen fondo verde

venres, 2 de marzo do 2018 Marcus Fernández

O pasado outono YouTube estreou novos formatos para os seus creadores que superasen os 10.000 subscritores, os que xa poden publicar, entre outras cousas, contidos nun formato semellante ás historias que podemos ver noutras plataformas sociais, e que estes días están a integrar unha tecnoloxía moi interesante que está en probas, e que facilitará a creación de efectos de chroma key sen ter que empregar os tradicionais fondos verdes.
Deste xeito, valéndose do móbil do creador, será posible gravar vídeo mudando o fondo e aplicando distintos efectos, xa que a aplicación é capaz de distinguir ao usuario, separando a imaxe en dúas capas (unha frontal e outra traseira) para así poder simular que estamos en distintos lugares, á vez que tamén pode aplicar efectos de iluminación ao usuario para conseguir atractivos efectos e dar máis realismo ás historias creadas dende a aplicación.

PUBLICIDADE