A aplicación para Windows de Google está dispoñible globalmente
martes, 14 de abril do 2026
Google anunciou a dispoñibilidade global da súa nova aplicación de escritorio para Windows, unha ferramenta que leva directamente o motor de busca ao escritorio cun enfoque centrado na integración de intelixencia artificial. A aplicación chega inicialmente en inglés e incorpora o denominado Modo IA, que permite formular preguntas en linguaxe natural e recibir respostas xeradas por IA acompañadas de ligazóns á web.
O obxectivo desta proposta é reducir a fricción entre tarefas, facilitando o acceso á información sen interromper o fluxo de traballo. A ferramenta está pensada para que o usuario poida localizar contidos e continuar coa súa actividade sen cambios bruscos de contexto.
Entre as funcións principais destaca a posibilidade de acceder a múltiples fontes desde unha única caixa de busca. Mediante o atallo de teclado Alt + Espazo, o usuario pode consultar información na web, pero tamén explorar ficheiros locais, aplicacións instaladas ou documentos almacenados en Google Drive.
Outra das novidades é a capacidade de compartir pantalla de maneira selectiva. Isto permite interactuar coa IA mentres se traballa nun documento ou se navega por internet, mantendo a continuidade da tarefa e evitando interrupcións.
A integración de Google Lens amplÃa as opcións de busca ao contido visual presente na pantalla. O usuario pode seleccionar elementos concretos para traducir textos, analizar imaxes ou obter axuda contextual, por exemplo en exercicios académicos.
Deste xeito, moitas funcións ás que os usuarios están afeitos no seu móbil están agora dispoñible no escritorio informático, conseguindo asà unha maior dependencia dos servizos de Google.
