A app de Mi Vodafone permite revisar cambios na facturación
martes, 13 de xuño do 2023
A facturación dos
operadores de telecomunicacións que aplican descontos e acumulan numerosos
servizos poden ser todo un pesadelo para os consumidores, resultando complicado
entender porque un mes teñen que pagar moito máis que outro, e para mitigar a
situación Vodafone vén de actualizar a súa aplicación móbil para que os usuarios
poidan ver rapidamente as súas facturas e consultar
as posibles modificacións con respecto a meses anteriores por mor da
contratación de novos servizos, a finalización de perÃodos promocionais, as
chamadas a números de tarificación especial...
Deste xeito, o usuario poderá detectar variacións na facturación dun xeito doado,
e incluso solicitar a revisión en caso de discrepancia, directamente dende a
aplicación, evitando asà ter que chamar por teléfono ao servizo de atención ao
cliente ou achegarse a un punto de atención presencial.