A aula CeMIT de Boiro abre as inscricións para catro novos cursos sobre outras tantas ferramentas TIC

xoves, 15 de outubro do 2020 S. P.

A aula CeMIT do Concello de Boiro, emprazado no Centro Social, presentou unha nova oferta formativa de cursos para o mes de novembro, trátase de catro actividades sobre outras tantas ferramentas tecnolóxicas ao servizo da capacitación dixital e da empregabilidade. O prazo de inscrición dos cursos está xa aberto, e toda a información a disposición das persoas usuarias na web municipal.
Os días 2, 3, 4 e 5 de outubro vaise impartir un curso sobre a suite ofimática libre LibreOffice Base. Os días 9, 10 e 12 de novembro o curso que se vai impartir é o de deseño gráfico con Inkscape. Os días 16, 17, 18 e 19 de novembro, deseño coa ferramenta Wordpress e os días 23, 24, 25 e 26, curso de manexo de WOOcomerce.
Todas as actividades formativas son presenciais, en horario de 10.00 a 12.30 horas na aula CeMIT de Boiro. As inscricións e toda a información está a disposición das persoas interesadas no propio centro de dinamización tecnolóxica, de xeito presencial, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35.

PUBLICIDADE