A aula CeMIT de Boiro ofrece un setembro de formación TIC básica para a cidadanÃa
xoves, 22 de agosto do 2019
A
aula CeMIT de Boiro,
o espazo formativo de alfabetización e capacitación dixital
emprazado na rúa Manuel MarÃa (no edificio do Centro Social), ten
preparado un completo programa docente e dinamizador para este mes de
setembro. Segundo
informa o Concello, a aula achegará catro cursos para permitir á
cidadanÃa introducirse nos usos básicos e nas principais vantaxes
das ferramentas dixitais, complementándose o programa cunha
actividade formativa sobre maquetación web.
O
primeiro dos obradoiros, Maquetación web con HTML e CSS,
celebrarase os dÃas 2, 3, 4 e 5 de setembro en horario de 10 a 12
horas. O seguinte, Inicio á informática, está previsto para
os dÃas 11, 12 e 13 de setembro, en horario de mañá, tamén. O
terceiro do mes, Inicio a Internet, celebrarase os dÃas 16,
17, 18 e 19 de setembro, co mesmo horario cós anteriores obradoiros.
O programa docente complétase con Inicio ao correo web, os
dÃas 24, 25 e 26 do mesmo mes, desta con volta con horario de 10 a
12.30 horas.
Para
máis información sobre as actividades formativas cómpre acudir á
aula CeMIT, escribir un correo ao enderezo axentetic@boiro.org ou
chamar por teléfono ao 981 842 635.