A aula CeMIT de Boiro achegará formación TIC á cidadanía durante o confinamento
venres, 3 de abril do 2020
Co
fin de seguir adiante co seu labor formativo e capacitador adaptándoo
plenamente ás contornas virtuais ao mesmo tempo que ofrece
alternativas de lecer e adestramento para a cidadanía nestes tempos
de confinamento nos fogares, a
aula CeMIT do Concello de Boiro preparou novas actividades para
esta primavera. En primeiro lugar vai retomar os cursos que estaban a
impartir e que tiveron que suspenderse por mor do Estado de Alarma,
para “despois traballar en novas propostas de programación".
O
primeiro dos cursos que se retomou é o de Ofimática Divertida, no
que participan un total de 20 nenos e nenas que esta semana retomaron
xa a actividade formativa.
Segundo
informou o Concello, esta semana mesma semana estanse a reactivar
tamén as clases do grupo de Informática Nivel Usuario no que
participan 12 persoas.
Respecto
da fórmula empregada para dar continuidade á actividade formativa,
o alumnado recibe as leccións a través do enderezo electrónico
para que poidan seguir coa aprendizaxe durante o confinamento.
O
Concello de Boiro engadiu que os vindeiros días iranse reactivando
os demais cursos que se estaban a impartir, “unha oferta formativa
que se combina cos cursos de teleformación que están xa en
funcionamento e que engloban actividades como Administración
Electrónica, trámites electrónicos en Internet, xogos de
adestramento mental, comercio electrónico, mercadotecnia en redes ou
vendas no muro”.
Para
inscribirse nestes cursos, as persoas
usuarias teñen que rexistrarse na Rede CeMIT.
Toda
a oferta formativa dos cursos de teleformación pode consultarse a
través da páxina web
do Concello de Boiro ou directamente contactando coa Aula CeMIT.