A aula CeMIT de Ribeira aposta pola teleformación para a cidadanía con tres novos cursos
venres, 3 de abril do 2020
O
Concello de Ribeira vai apostar de cheo por dar continuidade ao
importante labor formativo (formación tecnolóxico-dixital) da súa
aula CeMIT, a día de hoxe, por mor do COVID-19, imposibilitada para
seguir dando servizo presencial. Porén, tendo en conta as amplas
posibilidades que ofrecen os actuais recursos informáticos e de
telecomunicación, a aula ofrecerá á veciñanza coñecementos
tecnolóxicos a distancia mentres “persista a situación”. Os
contidos trasladaranse aos usuarios a través da plataforma EMA. Foi
unha das medidas tratadas hoxe na Comisión Municipal de Seguimento
do COVID-19 do Concello de Ribeira.
Segundo
se fixo saber, serán tres os cursos que se van ofrecer á veciñanza:
un de alfabetización dixital, outro de capacitación dixital e un
terceiro sobre innovación social. Para poder acceder a eles abonda
con estarmos dados de alta como usuarios na aula CeMIT (no caso de
non estalo pódese facer cubrindo un formulario online na
web do espazo de formación) e escoller o curso desexado. Calquera dúbida pódese enviar por correo electrónico.