A aula CeMIT de Ribeira pon a disposición de nenos e maiores sete cursos TIC de verán

luns, 29 de xuño do 2020 S. P.

O Concello de Ribeira informou de que xa están abertas as inscricións dos cursos organizados para este verán na aula CeMIT local: sete actividades tecnolóxicas formativas nas que, de forma gratuíta, a veciñanza xa pode matricularse, das cales catro están dirixidas a nenos e nenas e tres a adultos.
Os cursos, que se van desenvolver baixo os estritos protocolos de seguridade sanitaria (só haberá oito equipos informáticos dispoñíbeis, co fin de asegurar a distancia entre os asistentes, e será obrigatorio levar máscaras e lavar as mans co xel hidroalcólico disposto á entrada do centro TIC de Ribeira), son recursos de gran utilidade e potencial para ampliar a formación e os coñecementos de pequenos e maiores.
O calendario de cursos dirixidos a nenos e nenas queda da seguinte maneira:
Nenos e nenas
• Mecanografía – Editor de textos: Luns, mércores e venres do 6 de xullo ao 31 de xullo, de 10 a
11.30 horas. De 8 a 15 anos.
• Informática básica: Luns, mércores e venres, de 6 ao 31 de xullo de 12 a 13.30 horas. De 6 a 10 anos.
• Google Drive – Documentos na Nube: Luns, mércores e venres do 3 de agosto ao 28 de agosto, de 10 a 11.30 horas. De 11 a 15 anos.
• Scratch – Inicio Robótica, luns mércores e venres de 12 a 13.30 horas. De 11 a 15 anos.
Adultos (a partir de 16 anos)
• Aula Aberta: martes e xoves do 7 de xullo ao 28 de agosto, de 10 a 11.30 horas.
• Editor de textos Write: martes e xoves do 7 de agosto ao 30 de xullo de 12 a 13.30 horas.
• Folla de cálculo Calc: martes e xoves do 4 de agosto ao 27 de agosto de 12 a 13.30 horas.
As inscricións poden facerse na aula CeMIT de Ribeira ou vía web na súa páxina en Internet.

PUBLICIDADE