A axencia EFE mata a Fernando Aramburu
martes, 19 de novembro do 2024
- Publicación falsa que propiciou a divulgación do falso pasamento por parte de EFE
A axencia EFE vén de facer un ridÃculo monumental ao publicar na súa páxina web e nas súas redes sociais a nova do pasamento do escritor Fernando Aramburu, dando por boa unha publicación en X dunha conta falsa que suplantaba á Editorial Tusquets (atribuÃda ao xornalista italiano Tommasso Debenedetti), na que se comentaba a morte do escritor por un infarto, que foi desmentida pola conta oficial da propia editorial (Tusquets Editores).
Dende EFE advertiron da falsidade da información que divulgaron, sen pedir desculpas por ter difundido falsidades de xeito irresponsable, pois claramente non realizaron nin a máis mÃnima verificación da información sobre o falecemento do escritor donostiarra.
Esta metida de zoca é especialmente preocupante porque o xoves pasado a mesma axencia informativa publicou en X que un helicóptero se estrelara contra a Torre de Cristal de Madrid. Nesa ocasión EFE pediu desculpas asegurando que a publicación correspondÃa a un texto de proba xerado por un alumno nunha sesión formativa, que «debido a un erro técnico de transmisións, ese texto se envorcou entre os contidos da redacción». Coa petición de desculpas aseguraban ter tomado medidas técnicas para impedir un error semellante no futuro.