A axencia de viaxes en liña Miramar Cruises facturou dous millóns de euros en 2014
mércores, 10 de xuño do 2015
Hai
tres anos saÃa en flota en Lugo Miramar
Cruises, unha axencia de
viaxes en liña especializada na venda de cruceiros. A empresa,
desenvolvida no viveiro da Fundación
CEL, conta cunha plataforma web apoiada por un call
center experto no segmento cruceirista
e cun blog
de seu, converténdose deste xeito nunha das
start-ups de viaxe españolas máis
consolidadas. Nun repaso recente dos seus logros, que nos serve para
facernos unha idea do devandito, Miramar Cruises anunciou unha
facturación de dous millóns de euros en 2014.
Máis
polo miúdo, a súa facturación pasou de 832.000 euros en 2013 a un
total de dous millóns de euros en 2014 e contan xa cunha vintena de
axencias
como socios, unha base de
datos de 14.000 usuarios e unha oferta de cruceiros na súa web
de máis de 30 compañÃas navieiras (o que significa máis de dous
mil opcións de cruceiros e máis de 5.500 clientes embarcados).
Como novidade,
dicir que a axencia luguesa vén de estrear oficina en Barcelona, co
que triplicaron o seu persoal e impulsaron a primeira rede social
especializada en cruceiros, Nudoss.com,
que comeza xa a súa expansión internacional.