A banda sonora de Brütal Legend chega a Rock Band

martes, 13 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Esta semana chega á tendas españolas o agardado xogo de Tim Schafer Brütal Legend, que destaca pola súa estética heavy metal na que a música toma un papel activo, xa que o protagonista é un pipa trasladado a un mundo fantástico no que deberá derrotar a distintos monstros e inimigos valéndose de armas como unha guitarra eléctrica que invoca lóstregos e unha hacha, contando coa axuda doutros personaxes que comparten o seu xeito de vestir.
Para celebrar este novo título, o Bazar de Xbox LIVE recibiu hoxe un paquete con 3 cancións da súa banda sonora (que tamén poden adquirirse por separado) para poder tocalas no xogo Rock Band. Os temas en cuestión son (We Are) The Road Crew’08 (Live) de Motörhead, More Than Meets The Eye de Testament, e The Metal de Tenacious D (formación de Jack Black, actor que interpreta ao protagonista do xogo na súa versión orixinal) e custan 160 puntos (1,92 euros) cada unha e 440 puntos (5,28 euros) todas xuntas. As cancións tamén están dispoñibles dende hoxe para a versión de Wii de Rock Band, mentres que os usuarios da PlayStation 3 deberán agardar ao xoves para adquirir estes temas en descarga.

PUBLICIDADE