A beta aberta de Marvel’s Avengers terá lugar durante esta fin de semana
venres, 21 de agosto do 2020
Durante a fin de semana o agardado xogo Marvel’s Avengers realiza
unha beta aberta a calquera usuario de PC (Steam),
Xbox
One e PlayStation
4, de xeito que pódese experimentar o que ofrecerá este xogo cando saia á
venda o vindeiro 4 de setembro.
Este xogo épico de acción en terceira persoa combina unha historia
cinematográfica orixinal co xogo en solitario ou cooperativo, de xeito que até
4 xogadores poden unirse en liña para superar as distintas misións. A versión
de proba permÃtenos aprender a controlar aos distintos heroes e as súas
habilidades, vivindo fragmentos dunha aventura impactante e superando algunhas
das súas misións como un xeito de probar o que será o xogo final, a vez que
facilita a localización de fallos e problemas que puidera experimentar.
- Nunha das misións da beta Kamala Kahn (Ms. Marvel) axuda a Bruce Banner (Hulk) a atopar a JARVIS, intelixencia artificial creada por Tony Stark
Esta versión de proba ofrece bastante contido, de xeito que a súa principal
limitación será a do tempo, xa que a beta rematará o domingo ás 21:00 horas, e
aÃnda que o xogo tamén estará dispoñible en Stadia, tal plataforma estará
ausente das probas.
AÃnda que o xogo está inspirado no Universo Marvel Cinematográfico, non conta
cos dereitos para empregar as caras dos actores que encarnan aos personaxes na
grande pantalla, aÃnda que na dobraxe en español si conta con moitas das súas
voces, o que axuda a que o usuario identifique mellor a este equipo de heroes
que tras unha catástrofe ten que volver xuntarse para protexer o mundo de
diferentes ameazas.
A intención de Square Enix é que este non sexa un tÃtulo estático, senón que
reciba numerosos contidos tras o seu lanzamento, o que parece bastante claro se
vemos a súa estrutura de misións, que fai doada a incorporación de novos
capÃtulos para ampliar a súa historia até que o tÃtulo perda o interese dos
xogadores.
Tráiler da beta de Marvel’s Avengers