A beta de DOTA 2 supera os 180.000 usuarios simultáneos

mércores, 12 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Podemos lembrar como no lanzamento dalgúns servizos tipo Google Wave ou Tuenti había que procuraba a toda costa conseguir unha invitación para poder probalos, e este tipo de fenómeno está a trasladarse dun xeito bastante directo ao mundo dos videoxogos coa nova creación de Valve, DOTA 2, un xogo na liña de League of Legends que pese a non terse estreado oficialmente sa conseguiu superar a barreira dos 180.000 xogadores concurrentes, polo que o volume de usuarios que poderá acadar este título na súa estrea podería ser realmente impresionante.
Cómpre destacar que estes períodos de proba dos xogos o que buscan principalmente é darlle aos mesmos o seu acabado final (grazas ao feedback que poden achegar unha proba de campo masiva) e, principalmente, someter aos seus servidores a unha carga importante para polos a proba e escalalos paulatinamente para que o lanzamento oficial non sexa unha desfeita como acontece con moitos xogos con alta compoñente on line.

Evolución do número de usuarios conectados á versión de proba de DOTA 2 durante o último ano

PUBLICIDADE