A bolboreta de Bluesky xa voa en galego
xoves, 28 de novembro do 2024
O esforzo de numerosos tradutores voluntarios facilitou que dende 2013 puidésemos gozar da páxina web de Twitter en galego, avance que quedou incompleto, ao manterse a nosa lingua en beta, de xeito que non chegou a trasladarse ás aplicacións da plataforma agora coñecida como X, algo que non se está a repetir cunha das plataformas á que están a fuxir os descontentos con X/Twitter por mor das polÃticas impostas por Elon Musk: Bluesky.
Desta volta, a colaboración de varios activistas a prol da lingua galega, encabezados por Carlos Vieito, quen xa promovera a iniciativa Twitter en galego, conseguiu completar a tradución de Bluesky ao galego, trasladándose rapidamente á versión web da plataforma e ás aplicacións móbiles, conseguÃndose asà moi pouco tempo o que que parece un imposible coa meirande parte das plataformas sociais actuais (lembremos que as aplicacións móbiles de Meta seguen a ignorar a nosa lingua).
A iniciativa Bluesky en galego tivo a ben rescatar a terminoloxÃa empregada anteriormente en Twitter, de xeito que en vez de publicacións e republicacións, na versión en galego volvemos ter chÃos e rechouchÃos, recuperando asà a idiosincrasia galega erradicada de X/Twitter por parte de Elon Musk.
Carlos Vieito salienta que «volve ser a sociedade civil», o activismo dixital, quen logra dar pasos na normalización do galego, destacando tamén que na tradución colaboraron Alexandre Espinosa e Xurxo GP.