A busca do amor a través da Internet volve á Galega o vindeiro martes
venres, 1 de xullo do 2016
O pasado verán a Televisión de Galicia emitiu
a primeira tempada de Amor na Rede,
un traballo de Adivina Producciones no que trasladábase a experiencia da
plataforma en liña compostelá Twin Shoes
á pequena pantalla, de xeito que podiamos ver como a Internet facilitaba o
contacto de persoas con perfÃs que puidesen facilitar a súa transformación en
parellas estables; e agora anuncian o regreso deste orixinal formato
televisivo, de xeito que a partires do martes 5 de xullo ás 23:20 horas
poderemos ver a segunda tempada desta produción audiovisual.
Dende Amor na Rede queren
facilitar a busca do amor nuns tempos actuais nos que as redes sociais, as
aplicacións móbiles e a inmediatez fan que cada dÃa a xente destine menos tempo
para buscar a súa parella ideal e, aÃnda que non se comprometen ao éxito,
cando menos garanten momentos únicos e
irrepetibles.
A segunda tempada de Amor na Rede
comezará con Manolo, un deportista de 61 anos e moita picardÃa que chega dende
Tui para atopar unha muller que sexa quen de seguirlle o ritmo, para o que
contará coa axuda de Itziar Villar,
fundadora de Twin Shoes, e psicóloga experta en temas amorosos, asà como dos
consellos de Camilo, un dos protagonistas da primeira tempada deste espazo
televisivo.
A pretendente de Manolo será Lola, unha muller de 55 anos do Grove, que tras
varios fracasos amorosos e unha grande inseguridade buscará tender pontes ao
amor, de xeito que tras varios cuestionarios, probas e citas poderemos ver se
chega a bo porto este proxecto de parella.
Amor na Rede emitirase os martes de
verán ás 23:20 horas, e aÃnda non remataron de gravar esta tempada, polo que se
algunha moza de entre 20 e 30 anos está interesada en participar, a
organización do programa xa a convidan a sumarse á busca do amor nun dos
últimos episodios do programa.
VÃdeo promocional da segunda tempada de Amor na Rede