A cadea de tendas GAME parece estar en apuros económicos
venres, 3 de febreiro do 2012
O peche da cadea de
tendas GameStop en Portugal e norte de Irlanda foi o detonante dunha chea
de rumores que indican unha profunda crise no sector da venda fÃsica de
videoxogos en toda Europa, que incluso afectarÃa á cadea lÃder en España, GAME,
que estarÃa a ter problemas de liquidez ata o punto de ter
dificultades para aprovisionar copias nos novos lanzamentos, o que
afectarÃa tanto aos seu funcionamento como ao volume de vendas dos xogos (o que
tamén preocupa
aos directivos de grandes editoras).
Ao parecer, os resultados de GAME no último ano foron peor do agardado, en boa
medida pola contracción do sector, provocada tanto pola conxuntura económica
como polo transvasamento de usuarios ás descargas dixitais. A
cadea GAME parece ter pechado acordos para poder manter a súa actividade
durante os vindeiros meses, pero vai ter que facer unha estruturación nas
súas 1.275 tendas (268 en España) para adaptarse aos novos tempos se quere
manterse no mercado.