A caída na confianza crediticia de Digi podería provocar subas de prezo

xoves, 14 de setembro do 2023 Marcus Fernández

A prensa económica está a dar conta dun comunicado de Moody’s sobre a retirada do seu rating a Digi Communications, matriz de Digi España, situado en B1, e que supón que xa non cualifica como deuda senior asegurada por importe de 850 millóns de euros que tiña até o momento, aínda que recoñece que a perspectiva de Digi segue a ser estable, e que a compañía rexistrou en 2022 uns ingresos de 1.500 millóns de euros.
Moody’s considera que Digi a estratexia de crecemento de Digi vai provocar un fluxo de caixa libre negativo durante un período de tempo máis longo do previsto. Lembremos que a compañía aspira a facerse cos activos sobrantes da posible fusión entre Orange e MásMóvil, o que supón un grande investimento.
As revisión do seu rating crediticio podería dificultar a negociación da súa débeda e a captación de financiamento adicional, polo que a compañía podería verse forzada a incrementar os seus prezos para mellorar as súas contas e así poder encarar mellor o seu futuro.

PUBLICIDADE